Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Roedores’ en Ribadeo

roedoresPeludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vencer o temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo… “Todos somos Roedores”. “Roedores” é un espectáculo familiar con música en directo no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras de Peludiño e Munda os cativos achegaranse a conceptos como o de igualdade de xénero, de oportunidades, social, de dereitos… E entenderán o valor da amizade, do traballo en equipo e da aceptación dun mesmo e dos demais. A compañía de teatro REDRUM estará o domingo 1 de febreiro ás 17.30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de 2’5 euros.

Exit mobile version