Site icon Crónica3.com A Mariña

Traballado empate do Burela FS B para despedir a primeira volta

Os pupilos de Iván Cao, Lucas, despediron a primeira volta de Terceira División cun traballado empate (3-3) na pista do 5Couruña FS, con goles de Renato, Daniel e Ángel.

Un total de 10 puntos custodia o Burela FS Pescados Rubén no ecuador competitivo, con dúas vitorias e catro empates nun total de trece xornadas.

A segunda volta comezará para os laranxas en Vista Alegre, o sábado 24, coa visita do ADFS Bueu. Na estrea ligueira, os de Lucas impuxéronse 2-3.

Ficha técnica
5Coruña FS: Alfonso (1), Iván Presno, Daniel, Luis, Iván Rey, cinco inicial; tamén xogaron Jesús (1), Andrés (1), Pablo, David, Sergio

Burela FS Pescados Rubén B: Erik, Aitor, Alemán, Renato (1), Daniel (1), cinco inicial; tamén xogaron Rubén, Ángel (1), Rafa, Alejandro, Javi Fajardo.

Árbitros: Moreira Bermúdez // Carreira Romero (A Coruña)

Tarxetas: Por 5Coruña amarela a Pablo. Por Burela FS amarela a Alemán e Renato.

Exit mobile version