Site icon Crónica3.com A Mariña

Un menú para reis, raíñas e pequenos príncipes e princesas no Resort Las Sirenas de Viveiro

Despois do éxito da súa recente cea de Fin de Ano, o Resort Las Sirenas (Viveiro) ofrece un paquete especial para que as familias gocen do día de Reis.

Ademais dun menú especial Día de Reis, tanto para maiores como para nenos, por 20 e 12 euros respectivamente, o complexo turístico propón pasar “Unha tarde no Thalasso” para os nenos (de 3 a 12 anos) e tamén os seus maiores este martes 6 de xaneiro, lanzando prezos especiais para que toda a familia goce dos servizos do seu centro de thalassoterapia. Os interesados poden informarse sen compromiso das ofertas no teléfono 982 560 200.

Éxito de participación na Gala de Fin de Ano
A recente celebración de Fin de Ano tamén supuxo un gran éxito de participación no Resort das Sirenas. Os seus salóns acolleron a festa de Fin de Ano, con cea de gala, cotillón, barra libre, chocolate con churros e festa durante a madrugada.

O paquete completábase con aloxamento no Hotel Thalasso Cantábrico de 4 estrelas e circuíto termal no Wellness Thalasso, ideal para recuperarse dos excesos da Noitevella.

Sobre os 95 comensais previstos, a participación disparouse nos últimos días, superando as 150 persoas que se uniron para despedir 2014 e dar a benvida ó 2015 no Resort Las Sirenas de Viveiro.

Exit mobile version