Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz pide a ampliación de prazas temporais do Servizo de Axuda no Fogar

As concelleiras de Unifoz Ana Mª López Campoamor e Mª Ángeles Veiga Varela presentan unha moción para debater no vindeiro Pleno do Concello de Foz sobre a convocatoria de 2 prazas temporais para reforzar e ampliar o Servizo de Axuda no Fogar.

Unifoz explicar que “o Concello de Foz só dispón de 2 traballadoras para o servizo de Axuda no Fogar”; pero “tendo en conta a demanda do servizo e dadas as necesidades con que se encontran moitos dos veciños/as nos seus fogares” cren necesario este aumento debido ás “dificultades económicas das familias e a falta de resposta e de aplicación da Lei da dependencia”.

Así mesmo, recorda a portavoz, Ana María López, que “a Corporación ten aprobado o Servizo de Axuda no Fogar como un dos servizos básicos, imprescindibles e de urxente necesidade” no municipio.

Exit mobile version