Site icon Crónica3.com A Mariña

Valioso punto para os laranxas ante o Palma Futsal (1-1)

matamoros-palmaO Burela FS Pescados Rubén recolleu este sábado en Vista Alegre un valioso punto, nunha difícil cita ante o Palma Futsal (1-1), na que os de Juanlu despregaron un excelente traballo defensivo, cun brillante Álex, ante un rival que se mostrou concentrado e intenso.

Os mariñáns conseguiron conter unha das ofensivas máis perigosas da liga, ademais de buscar fendas na súa defensa, aínda que lles custou superar a primeira liña defensiva dos insulares. A primeira ocasión foi de cor laranxa, no minuto 4, de Iago Míguez, ante o despexe por arriba de Barrón. Taffy estreou o perigo visitante, asistido por Burrito no minuto 7, cun lanzamento que se lle foi desviado. Joao, no 9 e 15, e Paradynski, no 13 e 17, protagonizaron as chegadas máis agresivas do Palma. Nos dous últimos minutos antes do descanso, Antoñito, de disparo cruzado, Mata, só ante Barrón, non puideron estrear o electrónico.

Na segunda parte, tras unha fulgurante chegada de Vadillo sobre Álex no minuto 21, Antoñito puido subir o 1-0 nun pase de tacón de Chano ao que o 23 laranxa non puido chegar diante de Barrón. Álex salvou os locais no 27, moi oportuno, despexando por arriba primeiro un balón de Joao e despois fronte a Joselito cun lanzamento que se estrelou contra o pau. Aproveitou entón o Burela FS; o gran Matamoros recolleu o pase longo de Álex para materializar o 1-0 tras superar a Sergio e Barrón. Con todo, cando Vista Alegre aínda celebraba o tanto, o Palma igualou a contenda en contraataque culminado por Joao, cun balón que tocou en última instancia en Bellvert e desorientou a Álex. O porteiro burelista estivo acertadísimo ante a avalancha que intentou desembocar o Palma. Na recta final, o Burela FS tamén dispuxo de ocasións para adiantarse de novo, nas zapatillas de Antoñito, Iago e Mata. Nos últimos 30 segundos, un prodixioso pé de Álex desbaratou as intencións Vadillo, sen tempo para máis.

Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Álex, Bellvert, Behroz, Matamoros, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, Hélder, Chano, Carlitos, Miguel

Palma Futsal: Barrón, Burrito, Vadillo, Taffy, Chicho, cinco inicial; tamén xogaron Joao, Joselito, Tomaz, Sergio, Paradynski,

Goles: 1-0, minuto 29, Matamoros; 1-1, minuto 29, Joao

Tarxetas:Por Burela FS amarela a Bellvert (minuto 2), Behroz (minuto 9), Miguel (31), Chano (minuto 37). Por Palma amarela a Chicho (minuto 32), Tomaz

Árbitros: Rodrigo Miguel // Sánchez Molina (Castilla A Mancha)

Incidencias: Partido correspondente á 20ª xornada de Primeira División LNFS, disputado en Vista Alegre, coa presenza do seleccionador nacional Venancio López. Arredor de 900 espectadores

*Foto: Marián García Mesa

Exit mobile version