Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro vivirá distintas estacións do ano con ‘Osiño’

osiñoTrompicallo achega ó Teatro Pastor Díaz de Viveiro o espectáculo de monicreques dirixido a nenos e nenas maiores de 3 anos, “Osiño”, o sábado 31 de xaneiro a partir das 18.00 horas. A vida nun anaquiño de fraga, transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa mamá. Con eles pasaremos un inverno no que Osiño ten moito frío, pero a súa mamá vaille ensinar o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Na primavera coñeceremos o avó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa mamá, de pequena, coñeceu a un paporrubio. Polo verán Osiño levarános a dar un longo e fantástico paseo nocturno, para poder levarlle a súa mamá un pedazo de queixo moi especial. E no outono celebraremos con el e os seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos o seu cumpreanos.

Exit mobile version