O colexio Martínez Otero de Foz celebra este venres 30 de xaneiro a Xornada Escolar pola Non Violencia e a Paz.
Os actos previstos xa deron comezo coa lectura dende o pasado 20 deste mes dun texto -que tamén foi comentado nas sesións de clase- a través da megafonía do centro arredor das 12.00 horas para reflexionar sobre a Paz e a Non Violencia.
Xa o día 30, na III Festa pola Paz, os actos dará comezo ás 10.15 horas cunha eucaristía na igrexa parroquial e unha hora máis tarde, ás 11.15 horas, realizarase no patio do colexio un “xesto pola paz” coa lectura dun manifesto e a solta de globos con mensaxe en cadea e a salta de pombas.
A partir das 11.30 horas esta previsto un gran xogo cooperativo para 3º de primaria ata 4º de ESO; ademais doutros xogos variados dirixidos ós alumnos e alumnas de infantil e primeiro ciclo de Primaria no ximnasio e o pavillón.
Despois da parada para o xantar, ás 13.00 horas, reanudaramse as actividades cunha “tarde de maxia” para todos e todas a partir das 15.30 horas.