Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove pecha as actividades de Nadal co Día do Neno e a Cabalgata de Reis

O Concello de Xove avanza cara o final deste Nadal cun amplo programa de actividades.

O sábado 3 de xaneiro celebrarase, ao longo de toda a xornada, o DÍA DO NENO, en dous escenarios: a Piscina Municipal e no Pavillón de Deportes. Se na piscina municipal haberá XOGOS ACUÁTICOS, con 3 aparellos de auga distintos, en horario de 11.00 a 14.00 horas pola mañá e de 16.30 a 19.30 horas pola tarde (coa entrada regulada polo personal da Piscina Municipal segundo grupos de idades); no pavillón municipal haberá inchables e obradoiros de maquillaxe e papiroflexia.

Os horarios dipostos para a entrada dos nenos e nenas á piscina son:
-De 11.00 a 12.00 horas: 5 a 8 anos.
-De 12.00 a 13.00 horas: de 9 a 11 anos.
-De 13.00 a 14.00 horas: de 12 a 15 anos.
-De 16.30 a 17.30 horas: de 12 a 15 anos.
-De 17.30 a 18.30 horas: de 9 a 11 anos.
-De 18.30 a 19.30 horas: de 5 a 8 anos.

No pavillón municipal de deportes, en horario de 16.00 a 20.00 horas, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar de 8 grandes inchables, todos distintos e pensados para distintos tipos de idades. Pero, ademais, haberá 2 obradoiros: un de papiroflexia e outro de maquillaxe.

A ENTRADA A ESTAS ACTIVIDADES É DE CARÁCTER TOTALMENTE LIBRE E GRATUÍTO.

E o luns 5 de xaneiro, a Cabalgata de Reis ten previsto comezar ás 19.00 horas, pero antes, os Reis farán unha visita, coma en anos anteriores, á Residencia da 3ª Idade, visitando aos nosos velliños.

Rematada esta actividade, os Reis partirán dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, continuando a súa andaina pola Rúa Acceso Grupo Escolar, pasando despois á Avenida Deputación, que recorrerán en boa medida, cortarán despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes. Despois os Reis inda estarán un bó rato con tódolos nenos no Pavillón, recollendo cartas, sacándose fotos, etc.

Para rematar, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar dunha FESTA INFANTIL no pavillón co DJ TAPI-DECIBELIOS.

Exit mobile version