Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuvenil, cadete e alevín, na segunda fase do Torneo Cidade de Lugo

A base laranxa arranca 2015 coa participación dos conxuntos Xuvenil, Cadete A e Alevín, na segunda fase do XIII Torneo de Futsal de Base Cidade de Lugo, que terá lugar entre hoxe e o domingo.

Xa participaron na fase de grupos, a semana pasada, o Infantil A e o Cadete B, con dúas vitorias e un empate para os primeiros e menos sorte para os segundos, con tres derrotas.

Clausura de 2014
Os prebenxamíns despediron o ano coa cuarta praza no I Torneo de Nadal de Betanzos, o sábado pasado. No VI Trofeo de Reis Cidade da Coruña, o domingo 28, o equipo Alevín tamén se fixo co cuarto posto e o Benxamín rematou subcampión.

Exit mobile version