Site icon Crónica3.com A Mariña

4.000 lucenses beneficiáronse dos descontos da Deputación nos balnearios da provincia

Un total de 4.000 lucenses maiores de 50 anos se beneficiaron dos descontos da Deputación nos balnearios da provincia. Trátanse dos participantes nas catro edicións de Termalismo no Camiño, o programa da institución que impulsa o benestar social e o turismo medioambiental ao ofrecer prazas subvencionadas nestes establecementos, situados ao pé das rutas de peregrinación que transcorren por Lugo.

Vén de rematar a cuarta convocatoria desta programación cun novo éxito, posto que contou coa participación dun milleiro de persoas, que se engaden ás 3.000 que o fixeron nas edicións anteriores. Todas elas contaron con descontos en tratamentos termais nos balnearios da capital luguesa, Palas de Rei, Pantón e Guitiriz grazas aos fondos europeos que captou o organismo provincial.

Estes catro establecementos ofreceron paquetes, que a Deputación subvencionou con 50 euros, facendo que os prezos baixasen ata os 80 euros sen estancia e os 180 con elas. Algúns dos paquetes ofrecidos foron: 5 pensións completas; 6 días con 5 noites de estancia; día de entrada o domingo, incluídos cea e aloxamento; día de saída o venres, incluídos almorzo, comida e 8 técnicas de balneario, entre outros.

Beneficios de 126 millóns

Con Termalismo no Camiño, a Deputación pontencia un sector clave da economía, como é o termal, que xera emprego no rural e combate o despoboamento demográfico. Mostra disto son as 150.000 persoas que visitán anualmente Galicia para beneficiarse da súa riqueza mineromedicinal, posto que conta con 7 dos 8 tipos de augas medicinais, xerando beneficios de 126 millóns de euros ao ano. Lugo conta, a maiores, con balnearios o pé dos 800 quilómetros de rutas de peregrinación, convertendo á provincia nun destino de indubidable interese para este tipo de turismo.

Requisitos
A Deputación fixo un concurso público para a adxudicación das prazas subvencionadas do programa Termalismo no Camiño, ao que puideron optar, tal e como recolleron as bases publicadas no BOP, os balnearios da provincia que empreguen augas mineromedicinais declaradas de utilidade pública con fins terapéuticos e preventivos para a saúde, segundo establécese na lei de regulación de augas minerais, termais e de manancial da Comunidade galega. Outros requisitos adicionais fixados polo organismo provincial aos balnearios lucenses foron: non ter solicitado a declaración de concurso voluntario; estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias; non estar sancionados mediante resolución firme coa perda de obter subvencións ou non estar declarados insolventes ou en concurso. En base a isto, resultaron beneficiados, en primeiro lugar, o Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas; o Hotel Balneario Río Pambre; e o OCA Augas Santas Balneario & Golf Resort. O balneario de Guitiriz incorporouse ao programa posteriormente, unha vez que deixou de estar en concurso.

Exit mobile version