Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Viveiro agradece a participación da cidadanía no Entroido viveirense

María Loureiro, alcaldesa do Concello de Viveiro, agradece publicamente “a toda a cidadanía a súa implicación e participación nas distintas actividades programadas para a celebración do Entroido. Grazas a todos, viveirenses e visitantes, pódese afirmar sen lugar a dúbidas que as Alpuxarradas, o Entroido dos Nenos, o Desfile do Entroido e o Enterro da Sardina foron un éxito absoluto, destacando o incremento de participantes, o numeroso público asistente e a orixinalidade e calidade de coplas e disfraces”.

Por todo isto, “o Entroido Viveirense 2015 foi un dos máis espectaculares dos últimos anos e, polo tanto, un vez máis, grazas a todos aqueles que contribuíron a que iso fose posible”.

Exit mobile version