Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Viveiro destaca “o bo facer” da Oficina de Rehabilitación do Casco Antigo

María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro, informa que con data 19 xaneiro de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se convocan, na anualidade 2015 con financiamento plurianual, as subvención do programa de axuda ao alugamento de vivenda do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

Durante o prazo establecido para solicitar estas axudas, que rematou o pasado 19 de febreiro, a Oficina de Rehabilitación do Casco Antigo de Viveiro tramitou 95 solicitudes de subvención. A maior parte corresponden a veciños de Viveiro –un total de 85-, aínda que tamén houbo veciños dos concellos próximos que se achegaron á oficina deste municipio para buscar información, asesoramento e axuda, presentándose a través da Ventanilla Única de Vivenda do Concello de Viveiro 4 solicitudes do Vicedo, 3 de Xove, 1 de Mañón, 1 de Ourol e 1 de Cervo.

Debe entenderse que isto é unha mostra inequívoca do bo facer realizado dende a oficina e da valía e importancia deste servizo que se presta no Concello de Viveiro.

Exit mobile version