Site icon Crónica3.com A Mariña

A capitanía laranxa fai equipo pola saúde mental

Os capitáns dos equipos de Primeira División do CD Burela FS Pescados Rubén Iago Míguez e Maite visitaron onte un adestramento da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña no pavillón burelao dos Castros.

Os xogadores laranxas participaron nun partido xunto aos usuarios da asociación e os mozos da localidade que colaboran con eles habitualmente nas sesións de fútbol sala, ademais do preparador físico e director da base burelista, Alfonso Mera, exercendo de árbitro. Despois do encontro, tamén houbo tempo para que ambos os equipos gozaran dunha merenda na que puideron reflexionar e analizar as mellores xogadas, goles…

A actividade encádrase nun proxecto da asociación mariñá sobre integración das persoas con enfermidade mental, Facemos equipo pola saúde mental?, traballo que recibiu o I Premio José Luís Muruzábal do Consorcio das Mariñas a experiencias innovadoras no ámbito sociolaboral e/ou socioeducativo.

Exit mobile version