Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria da Mariña rexeita a modificación da lei do aborto proposta polo PP por “abocar a abortos clandestinos ás máis novas”

A Mariña, 21 de febreiro de 2015. Ante a proposta do grupo parlamentario do Partido Popular nas Cortes Españolas de modificar a Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo desde a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña queremos expresar o seguinte:

1.- O noso rexeitamento á esixencia do consentimento expreso de quen exercen a patria potestade nas mozas de 16 a 18 anos, porque limita o acceso ao dereito ás mesmas á interrupción voluntaria do embarazo.

2.- Este cambio deixaría desprotexidas as mozas en situacións de risco social e familiar, ao atrasar a intervención ou a obrigalas a realizala na clandestinidade, poñendo en risco o seu saúde física e psicolóxica.

3.- O que fai a lei actual é facilitar que estas poidan acudir soas si existen motivos fundamentados, coa finalidade de protexelas ante situacións de desamparo familiar, malos tratos ou abusos sexuais no seo familiar.

4.- O Partido Popular mente ao afirmar que a lei vixente priva aos proxenitores da posibilidade de acompañar e orientar ás menores, dado que unicamente o 12% deste colectivo non lles informan.
5.- Ese cambio lexislativo baseado en falsidades pretende congraciar ao PP co seu electorado, a costa dos dereitos das mulleres máis novas e vulnerables.

6.- Desde a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública na Mariña esiximos ás autoridades sanitarias da Xunta de Galiza que se opoñan a este vergonzoso e vergoñento cambio lexislativo.

Exit mobile version