Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de solicitude de axudas ó alugueiro ata o 19 de febreiro

Dende a Oficina Municipal de Rehabilitación do Concello de Mondoñedo informan e recordan que segue aberto o prazo para solicitar as axudas ao alugamento ata o vindeiro 19 de febreiro. Todos aqueles que estean interesados poden achegarse a dita Oficina para facer este trámite ou ben tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es.

Ditas axudas poden acadar ata o 40% da renda e os requisitos básicos para estas axudas do Programa de Axudas ao Alugamento, convocadas mediante a resolución do 7 de xaneiro 2015 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (DOG nº 11, do 19 de xaneiro de 2015), son:

a) Ser titular ou estar en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda.

b) As persoas membros da unidade de convivencia deben dedicar a vivenda a residencia habitual e permanente, con vocación de estabilidade e estar empadroadas en dita vivenda.soli

c) Os ingresos ponderados das persoas que compoñen a unidade de convivencia non poderán superar, en ningún caso 3 veces o IPREM.

d) Ningunha persoa membro da unidade de convivencia pode ter outra vivenda en propiedade ou usufruto.
O límite da renda da vivenda (importe que se paga de aluguer) da zona territorial de Mondoñedo (ZONA 2) é de 400 euros.

Exit mobile version