Site icon Crónica3.com A Mariña

AGE acusa ó PP de actuar como cómplice nas contratacións irregulares do CETAL

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2015.- O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) lamenta a actitude cómplice amosada polo grupo parlamentar do Partido Popular ao votar en contra en comisión da iniciativa presentada por AGE na que se instaba a solicitar o cese do director da Fundación Centro Tecnolóxica Alimentaria CETAL, Javier López Viana, tras irregularidades detectadas polo Tribunal de Contas no seu informe de Fiscalización, e a contratación do bufete de avogados do que era o tesoureiro, Luis Lamas, polo que presentou a súa dimisión.

O deputado de AGE, Ramón Vázquez, pediu presentou unha iniciativa na que se reclamaba ao goberno galego que levara a cabo as accións que corresponderan ao tempo que se pedía expresamente o cese do que é o máximo responsable da fundación, o seu director. O Partido Popular que presentou unha emenda no mesmo sentido da iniciativa de AGE evitando concretar a petición de cese, votou finalmente en contra xa que o grupo de AGE aceptou a emenda do PP sempre e cando se mantivera a petición de cese do director do CETAL, algo que non foi aceptado polos populares.

O Partido Popular convértese coa súa actitude, en cómplice ao tratar de esconder a responsabilidade que ten o director ante a situación que se está a vivir no CETAL con contratacións irregulares, e ata un total de 17 irregularidades sinaladas polo Tribunal de Contas nas que se destaca que non se axustan a normativa ao tempo que se sinala que non forman parte das competencias propias desta entidade. Deste xeito unha vez máis, o Partido Popular co seu voto en contra, emprega a súa maioría parlamentar para silenciar a corrupción e defender aos corruptos en lugar de loitar pola transparencia e legalidade na xestión pública.

Exit mobile version