Site icon Crónica3.com A Mariña

Almorzos e merendas TIC en Viveiro

O vindeiro mércores, 25 de febreiro de 2015, na sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro, impartiranse dous talleres de nutrición “Almorzos e merendas TIC”. Trátase dunha actividade gratuíta; organizada polo Concello de Viveiro e a Fundación Tic, dependente da Deputación Provincial de Lugo; e dirixida a persoas maiores de 55 anos. O horario será de 09.30 a 11.30, para o primeiro taller, e de 11.30 a 13.30 horas, para o segundo. Tendo en conta que o aforo é limitado, todas as persoas interesadas en participar neste taller deben apuntarse nas dependencias municipais (secretaría de alcaldía) antes das 14.00 horas do día 23 de febreiro de 2015.

Exit mobile version