Site icon Crónica3.com A Mariña

Alpuxarradas, festa infantil, desfile e enterro da sardiña do 14 ó 18 de febreiro en Viveiro

Os actos do Entroido de Viveiro 2015 organizados polo Concello empezarán o sábado 14 de febreiro co Certame de Alpuxarradas no Teatro Pastor Díaz a partir das 20.00 horas coa participación da charanga Tastarabás e rematarán o mércores 18 co Enterro da Sardiña.

Mentres, o luns 16 será o día infantil, no que haberá xogos para nenos e nenas na Praza Maior de 16.30 a 20.30 horas, discoteca móbil dende as 18.00 ás 21.00 horas e pasarrúas a cargo da charanga Tastarabás.

Xa o propio martes de Entroido, 17 de febreiro, celebrarase o desfile pola Travesía da Mariña, que empezará ás 17.00 horas. Ó seu remate farase a entrega de premios na Praza Maior.

Os actos rematarán o Mércores de Cinza co Enterro da Sardiña. A recepción de autoridades terá lugar na Praza Maior a partir das 12.00 horas. Ás 17.00 horas terá lugar o velorio e ás 21.00 horas sairá o Enterro da Sardiña dende a Praciña da Herba para rematar na Praza Maior onde se repartirán bolos preñados e viño para os participantes. Tamén contará co acompañamento musical das charangas de Neda e Tastarabás.

Exit mobile version