
Amigos das Viaxes achegaronse o domingo a Pola de Siero onde disfrutaron dunha calorosa e cariñosa acollida por parte dos representantes municipais do Concello. Durante a visita, Amigos das Viaxes comprometeuse a que Foz teña presente na Feira de Turismo que terá lugar na localidade asturiana en marzo. E xa para o verán 2015, a asociación comeza a organizar a viaxe internacional deste ano -un cruceiro polas capitais bálticas ou Turquía-Grecia- cunha reunión aberta que se celebrará o domingo 8 de febreiro ás 20.00 horas no Cenima de Foz.