Site icon Crónica3.com A Mariña

As claves da comunicación institucional en redes sociais, nun obradoiro gratuíto

A Deputación de Lugo organiza o vindeiro 20 de febreiro, desde as 10.30 horas no salón de actos do pazo de San Marcos de Lugo, a xornada gratuíta “Xestión e uso das redes sociais nos concellos”. Trátase dun obradoiro totalmente práctico dirixido a autoridades e traballadores de todos os Concellos que busquen complementar a súa formación no ámbito dixital e redes sociais e na que se darán as claves para unha boa comunicación institucional nos novos medios.

Esta iniciativa está enmarcada dentro do proxecto de “Goberno Intelixente para os cidadáns da Provincia de Lugo: Rede provincial de Concellos para o fomento da participación cidadá e da transparencia”, da “InnovaTE2: Dep. Dixital” da Deputación de Lugo e será impartido por profesionais de ampla traxectoria no ámbito dixital e comunicativo. Este programa representa unha oportunidade para achegar ao persoal dos municipios da provincia ás novas canles de comunicación social, amosar estratexias comunicativas desde o punto de vista da administración local e mellorar a comunicación cos veciños e as veciñas.

No obradoiro trataranse temas como o papel dos novos medios sociais para as administracións e a súa importancia na política, a Comunicación tradicional vs. Comunicación Online, as claves dunha boa estratexia de comunicación online para un Concello, Twitter: o triunfo do inmediato, Facebook: o lugar onde están tod@s ou as chaves do posicionamento: a importancia de ser o primeiro en Google, entre outros.

Informe redes sociais institucionais
No marco desta xornada presentarase o “Informe de situación de adopción e uso de medios sociais e de novas canles de comunicación online por parte dos concellos da provincia de Lugo e do estado de participación cidadá a través dos mesmos”, o primeiro destas características que existe a nivel galego, e un dos primeiros que se publica no territorio español. O informe recolle unha radiografía exhaustiva do estado en que se atopan os concellos da provincia en materia de redes sociais e proporciona, a través dunha guía de estilo, recomendacións orientadas cara ao correcto uso destas ferramentas, para unha xestión eficaz e transparente.

Inscrición e prazos
Os interesados en participar nesta xornada formativa gratuíta, podes inscribirte no correo electrónico rrss.transparencia@deputacionlugo.org, onde terás que enviar os teus datos persoais (nome, apelidos, correo electrónico de contacto, concello de traballo e posto no ao teléfono 982 808 196.

Exit mobile version