Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela presenta este xoves tres dípticos informativos dirixidos ó colectivo inmigrante

Burela, 11 de febreiro de 2015. O Programa de Atención a Inmigrantes da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela vai presentar este xoves, 19 de febreiro, ás 11.00 horas na Casa do Concello tres dípticos informativos para o colectivo inmigrante. Os dípticos son:

-Aspectos básicos sobre convivencia cívica.
-Contratación de traballadores/as estranxeiros/as.
-Porque toda persoa ten dereito a unha vida digna.

Segundo explica a concelleira Diana Durán “con esta actividade trátase de asesorar sobre os principios de convivencia veciñal, informando sobre as comunidades de veciños, horarios, recollida de lixo, limpeza de inmobles, ruído, mantemento das instalacións…Tamén se trata de informar de xeito práctico aos empresarios e aos estranxeiros sobre os diferentes tipos de contratación e intentar sensibilizar sobre o proceso par alugar unha vivenda”. A edil popular engade que “con esta información inténtase dar un paso máis no ámbito da acollida e acceso aos recursos e así favorecer o proceso de integración”.

Á presentación asistirán representantes de todas as asociacións de inmigrantes de Burela. Os dípticos serán repartidos despois entre os veciños e veciñas da vila.

Exit mobile version