Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo entrega unhas 100 plantas ós veciños que participaron no pedido conxunto de árbores

entrega-arboresCervo, 6 de febreiro de 2015- Cervo fixo entrega este venres das árbores que solicitaran os veciños a través dun pedido conxunto que promovera o Concello por segundo ano consecutivo. En total foron 20 as persoas que quixeron participar nesta iniciativa e que recolleron unhas 100 árbores de 42 variedades diferentes, entre as que se atopan froiteiras, forestais e ornamentais.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Cultura, Begoña Alonso, participaron no acto de entrega ao que acudiron tamén as persoas solicitantes. Unha medida coa que o Concello pretende potenciar as pequenas plantacións domésticas apostando especialmente polas especies autóctonas.

De feito, esta é unha iniciativa complementaria ao programa de reforestación con especies autóctonas que está levando a cabo o Concello en terreos municipais, como os do Monte de Escarabelada no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, e colaborando coas asociacións de montes comunais. De feito, nestes anos fixéronse plantacións con especies propias da zona en 17 hectáreas de terreo.

Con este programa “queremos extender nuestro compromiso con el medio ambiente y con la protección de nuestro entorno natural también a las familias y las plantaciones domésticas” asegura Alonso. Ao mesmo tempo a edil aproveitou para agradecer aos veciños a súa participación nesta iniciativa.

Exit mobile version