Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla EDUEMPRENDE «ACTÚA» no IES Perdouro

A biblioteca do IES Perdouro acolle este martes 3 de febreiro a charla EDUEMPRENDE «ACTÚA».

A actividade posta en marcha por parte desta Consellería, en colaboración co IGAPE, dentro do Programa EDUEMPRENDE- Actúa 2014-2015, vaise desenvolver no centro de 9h a 11h co título: A actividade emprendedora como chave para o teu futuro, encontro dirixido ao alumnado de 2º ano dos ciclos formativos.

Abrirá o acto Enrique José Gómez Fernández, Técnico do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e aportará información sobre a
motivación para emprender e resolverá todas as dúbidas do alumnado participante en materia de emprendemento.

A continuación está prevista a participación dunha persoa emprendedora. Nesta ocasión contamos con Luís López Fulgueira, xerente de Industrial Recense, que compartirá co alumnado a súa experiencia persoal, claro exemplo de crecemento, expansión e internacionalización dunha empresa familiar da Pontenova. Explicaralles a súa vivencia persoal como emprendedor, como xurdiu a súa idea, como puxo en marcha a súa empresa, que problemas tivo e como os solucionou, como o financiou…

Con esta actuación trátase de visualizar o emprendemento entre o alumnado como unha opción clara de empregabilidade. É unha acción formativa dirixida ao alumnado dos FP para que poñan en valor o seu talento emprendedor como ferramenta para o seu desenvolvemento persoal.

Exit mobile version