Site icon Crónica3.com A Mariña

Charlas sobre o Entroido no colexio Martínez Otero de Foz

charla-entroido-fozO Entroido xa está petando ás portas do colexio Martínez Otero. Por iso, desde a Comisión de Biblioteca organizan unha actividade que ten por finalidade coñecer as orixes desta festividade na nosa terra e a súa popular e animosa repercusión en Foz. Deste xeito, a actividade levouse a cabo nas seguintes datas:

VENRES 6 DE FEBREIRO
Ás 16.30 horas o alumnado do 2º e 3º ciclo de Primaria asistiu a unha pequena explicación das orixes do Entroido por parte dun grupo de alumnos de 6º de Primaria e, a seguir, tomou o relevo unha ampla representación da peña Os Larpeiros que nos explicaron a evolución desta festividade en Foz e ata nos deleitaron cun feixe de coplas de Entroido.

MÉRCORES 11 DE FEBREIRO
Ás 16.00 horas o alumnado da ESO asistiu a unha exposición, apoiada en imaxes, sobre as orixes e diferentes manifestacións do Entroido en Galiza por parte do profesor Marcos Loureiro. Posteriormente, unha nutrida representación da peña Os Larpeiros explicou as características e particularidades do Entroido focego.

Exit mobile version