Site icon Crónica3.com A Mariña

Co baile do taller de memoria empezaron os actos de Antroido en Lourenzá

baile-lourenzaLourenzá, 7 de febreiro de 2013. Lourenzá iniciou os distintos actos que con motivo do Entroido se van desenvolver no municipio organizados por distintas asociacións e tamén polo Concello. O primeiro deles foi o baile dos maiores que son alumnos do taller de memoria, no que algúns dos participantes foron disfrazados, entre eles a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.

O vindeiro luns, día 16, haberá máis actividades de Antroido en Lourenzá, neste caso organizadas pola asociación Conde Santo coa colaboración do Concello. Terán lugar no recinto do Mercado Gandeiro e contará cunha temática central para os disfraces baseada nas distintas culturas e nacionalidades do mundo. Os nenos gozarán de música e xogos especiais a partir das cinco da tarde e poderán participar nunha chocolatada, organizada polo Concello, ao remate da festa infantil, que será gratuíta. Os adultos poderán acceder a outra festa, que terá lugar no mesmo recinto xa pola noite, a partir das 23.00 horas, cun custe de 5 euros por persoa. Nela outorgaranse premios aos mellores disfraces en catro categorías distintas: individual, parellas, grupos e o máis chistoso.

Exit mobile version