Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan en Viveiro as actividades da Semana Santa 2015

A Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro presenta este sábado 28 de febreiro a partir das 12.30 horas no Salón Multiusos do Cocnello de Viveiro o cartel anunciador da Semana Santa de Viveiro 2015, de Interese Turístico Internacional, obra de Juan López Jiménez. Durante o acto farase entrega dos premios do concurso de carteis e inaugurarase a exposición dos mesmos. No mesmo acto, no que participarán os membros da xunta de Cofradías e o seu presidente, José Veiga, entre outras autoridades e invitados, darase a coñecer o programa Adral 2015 que permitirá disfrutar de conferencias, exposicións de carácter sacro, certames e concertos ata a Semana da Paixón.

Exit mobile version