Site icon Crónica3.com A Mariña

Comida homenaxe a Albuerne

Despois de 35 anos na planta de Alúmina en San Cibrao, o asturiano de nacemento, pero mariñán de corazón, José Antonio González Albuerne xubílase e os seus compañeiros quixeron demostrarlle o agarimo e respecto, tanto profesional como persoal, cunha comida de homenaxe. O acto resultou ser un dos máis concorridos que se recordan, con 60 comensais, e celebrouse este venres no restaurante “A Marquesa” de Burela. Na sobremesa fíxoselle entrega a Albuerne de varios obsequios, que agradeceu con moita emoción, recordando un sinfín de anécdotas vividas durante a súa traxectora no complexo de San Cibrao onde desenvolveu o seu traballo en postos de responsabilidade na sección de mantemento, en concreto, na parte de electricidade e instrumentación onde sempre prevaleceu o seu bo facer profesional a súa inmensa calidade humana.

Exit mobile version