Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Alonso e Miguel López, campión e subcampión da XV Liga Sub 16 de Bolos de Xove

Vanse clarexando un pouco as cousas na categoría sénior masculina onde Rafael segue arañando puntos ó seu rival. Agora Arturo Vigo está a 9 puntos do líder; polo que, a falta de 3 tiradas para rematar a Liga, fai que non se poida permitir ningún erro.

Por detrás ven apurando o vixente campión, que grazas a unha segunda volta moi competitiva, está a consolidar a terceira posición. Neste sentido, Álex aínda podería alcanzar matematicamente ós líderes, pero a realidade é outra, e terase que dedicar nas probas restantes a consolidar esa terceira praza á que aínda teñen opcións un bo número de xogadores.

Liga Sénior Feminina

Grazas á súa vitoria, Belén Meitín consegue ampliar a súa vantaxe a 5 e 6 puntos de Carmen e Salomé respectivamente. Aínda que parecen poucos, xa se trata dun bo colchón de puntos, dado que son elas tres normalmente as que copan os tres primeiros postos, e os recortes de puntos entre elas acostuman ser menores.

Polo tanto, para as tres tiradas que quedan, Carmen Roca e Salomé Cardoso terán que espabilar se aínda queren gañar. E, pola súa banda, a Belén chégalle con manter as distancias.

Liga Sub 16
Como estaba previsto, Daniel Alonso proclamouse campión matematicamente desta décimo quinta Liga Sub 16. A súa vitoria (10ª nesta temporada) fai que con 88 puntos xa sexa inalcanzable. A verdade é que mostrou unha superioridade moi grande durante toda a temporada. A mellora que experimentou no seu xogo con respecto á pasada campaña, foi sencillamente espectacular. É, sen dúbida, un xogador de futuro, destinado a dar grandes tardes a este deporte. En Daniel conxúntanse un físico poderoso e unha gran fortaleza mental; e, se a isto lle sumamos unha gran ambición deportiva, temos tódolos ingredientes para augurarlle un gran futuro deportivo.

O segundo posto no escalafón tamén está decidido; Miguel López xa é tamén subcampión. A comezos de temporada parecía que lle ía dar máis guerra a Daniel; pero durante a campaña tivo moitos altibaixos, con grandes actuacións e mediocres tiradas. Aínda así, ten unhas grandes condicións para este deporte e, loxicamente, moito marxe de mellora. Nesta temporada estivo un escalón por debaixo de Daniel, pero se traballa duro e mellora o aspecto mental do seu xogo, non desanimándose, pode estar perfectamente á altura de Daniel.

Por último, queda por decidir o terceiro posto no podio final. Para este escalón temos a Julia López con 30 puntos e a Hugo Pérez con 25. Parte con vantaxe Julia, pero aínda quedan bastantes puntos por disputar e Hugo aínda lle pode dar unha sorpresa.

A vindeira tirada vaise celebrar Centro Social de Vilachá o vidneiro sábado 21 de febreiro de 2015.

CAMPIONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE A VARA    (7 FEBREIRO  2015)

  17  INSCRITOS:    NA LIGA SENIOR,     6 NA LIGA SUB 16   E    9   NA LIGA FEMININA

CLASIFICACIóN           NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SÉNIOR

PRIMEIRO ALEX MEITÍN SERANTES

282

12

SEGUNDO MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

266

10

TERCEIRO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

258

8

CUARTO JORDI MEITÍN SERANTES

256

7

QUINTO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

252

6

SEXTO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

249

5

SÉTIMO C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA

241

4

OITAVO ARTURO VIGO CASABELLA

223

3

NOVENO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ

218

2

DÉCIMO LUIS RANCAÑO BOUSO

209

1

MELLOR BOLADA C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA

83

1

LIGA SUB 16

PRMEIRO DANIEL ALONSO LÓPEZ

208

6

SEGUNDO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

164

4

TERCEIRO JULIA LÓPEZ FORMOSO

110

3

CUARTO JAVIER ALONSO LÓPEZ

92

2

QUINTO HUGO PÉREZ MEITÍN

70

1

MELLOR BOLADA MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

65

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO

184

6

SEGUNDO CARMEN ROCA CORRAL

166

4

TERCEIRO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

160

3

CUARTO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

126

2

QUINTO ELISA LÓPEZ BASANTA

46

1

MELLOR BOLADA SALOMÉ LÓPEZ CARDOSO

62

1

Exit mobile version