Site icon Crónica3.com A Mariña

Debate sobre o estado do areal de Covas

areal-covasO colectivo viveirense Pensamento e Sementeira xa ten data para a celebración do debate arredor do estado actual do areal de Covas. Será o venres 27 de febreiro, ás 20.30 horas, na sala da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior. As modificacións que está a sufrir o areal é motivo de preocupación para a veciñanza. É por iso que PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza este debate no que intervirán o biólogo Alexandre García; o práctico do porto de Celeiro, Andrés Díaz Ferro; e o capitán de pesca, J. Pino. Tamén se cursou un convite para participar no debate á Demarcación de Costas de Lugo. O acto será público, con entrada libre até completar o aforo da sala.

Exit mobile version