Site icon Crónica3.com A Mariña

Debate sobre o libro ‘Xavier Vence. Conversas’ en Ribadeo

A A.C. Francisco Lanza convida a asistir, este venres 27 de febreiro ás 20.30 horas na Casa das Letras, á presentación/coloquio do libro “Xavier Vence. Conversas”, de Xan Carballa, publicado por Engaiolarte. Participarán neste acto, Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo, Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, e Xan Carballa xornalista e autor deste ensaio. De novo desde a A.C. Francisco Lanza promovemos o debate público en torno a temas de actualidade e tamén seguimos a promocionar aos nosos escritores e escritoras.

Exit mobile version