Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous centros da Mariña premiados no Concurso Galego de Robótica

premio-roboticaO Instituto Galego de Ciencia IGACIENCIA organizou a actividade “A Maxia da Robótica”. O VII Concurso Galego de Robótica realizouse durante ao longo desta semana na Fundación Barrié da Coruña. Nesta actividade pretendeuse achegar aos nosos alumnos e alumnas o campo da robótica e aproveitar a súa “maxia” para promover a cultura científica na nosa sociedade galega. Consistiu na programación dun robot que tiña que superar unha serie de retos.

O segundo premio na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos, foi acadado polo equipo formado por Rosendo Arias Sante, Christian Reigosa Karageorgián e Carlos Santiago Vaz Febrero, alumnos de 1º ano do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións no I.E.S. Perdouro de Burela.

Resultado do VII Concurso Galego de Robótica “A Maxia da Robótica”:

– Categoría de Bacharelato/Ciclo Medio

1º Premio IES Francisco Asorey de Cambados (Pontevedra)
2º Premio IES Perdouro de Burela (Lugo)
3º Premio IES San Tomé de Freixeiro (Vigo)

– Categoría de Educación Secundaria (ESO)

1º Premio IES A Cachada de Boiro (A Coruña)
2º Premio IES nº 1 de Ribeira (A Coruña)
3º Premio IES Agra do Orzán (A Coruña) empatado con IES Eusebio da Guarda (A Coruña)

– Categoría de Educación Primaria (EP)

1º Premio CEIP de Cervo (Lugo)

Exit mobile version