Site icon Crónica3.com A Mariña

Duelo provincial de terceira, este sábado en Burela

O Burela FS Pescados Rubén B recibirá este sábado en duelo provincial o Valdesuso Peugeot Vilalba FS (Vista Alegre, 16.00 horas), na busca da terceira vitoria consecutiva para os laranxas.

Os pupilos de Lucas están vivindo o seu mellor momento da tempada co comezo da segunda volta. Tras os triunfos fronte ao ADFS Bueu (4-3) e a semana pasada ante O Carballiño FS (2-7), ocupan a undécima praza de Terceira División, con 16 puntos.

O Carballiño FS 2-7 Burela FS B
O Carballiño FS: Álvaro, Óscar (1), Alejandro Fernández, Raúl, Edgar (1), no cinco inicial; tamén xogaron Aitor, Alejandro Estévez, Ángel, Jose, Ignacio, Faba

Burela FS Pescados Rubén B: Erik, Alemán, Aitor (1), Pancho (2), Rafa, no cinco inicial; tamén xogaron Ángel (1), Rubén (1), Renato (1), Daniel, Javi Fajardo, Alejandro (1)

Árbitros: Cardero Rodríguez // García Rodríguez (Ourense)

Tarxetas: Polo Carballiño, amarela a Óscar e Edgar. Por Burela a Alemán.

Exit mobile version