Site icon Crónica3.com A Mariña

En nome dos Deuses

Canto sangue derramao en nome dos deuses!. Notase nas ruas da Cidade da Luz, estan preocupados, a matanza de Paris acende outra vez as alarmas no noso cómodo e seguro mundo. É doloroso, temible e repudiable, sen decatarnos de que noutros lugares do mundo esas cousas pasan cada día.
Din que a muller de Bush dixo cando a guerra que “ Os nenos de EEUU poden estar tranquilos, as bombas non van caer no seu xardín”.

Estamos aterrados e doloridos polo atroz asasinato de inofensivos humoristas debuxantes na Francia, a plena luz do día e na vulnerabilidade do lugar de traballo. Pero, un pouco máis abaixo, na tamén veciña África está Boko Haram coa súa pretensión de exterminar aos cristiáns do norte de Nigeria; adolescentes secuestradas e entregadas aos guerrilleiros, poboados destruídos. Dóenos un pouco menos; non imos dicir que se trata de indixentes, pero a dor non é tan agudo. Cousas da xeografía, das distancias, das culturas. Xa o decian os do imperio Romano “Os bárbaros sempre son outros, e están lonxe”.

As guerras de relixión son unha constante na historia; os romanos queimaban aos cristiáns;os monxes soldados das cruzadas arremetían contra xudeus e musulmáns; as guerras europeas entre cristiáns e protestantes, calvinistas ou anglicanos duraron séculos, as máis recentes en Irlanda e Os Balcans; musulmáns e budistas en Tailandia; chiitas e sunitas en Oriente medio, sen contar o eterno e complexo conflito palestino-israelí.

A política utiliza a relixión porque non hai nada máis férreo que a fe no incrible. Canto menos poida explicar a razón e a ciencia un mandamiento divino, máis visos ten de medrar e manterse no tempo a través de sucesivas xeracións. A fe move montañas, exércitos, masas humanas, peregrinaciones. Para defender a fe, as boas persoas matan inocentes, torturan, arroxan bombas, queiman na foguera a outros seres humans sospeitosos de traizoar a Fe, a súa fe, a que mandan ter os poderosos porque é a peana indiscutible sobre a que se sustentan. Ningunha relixión de masas librouse desta barbarie, do proselitismo si ou si, da imposición das crenzas. O choque de civilizacións e a desigual distribución dos recursos son o caldo de cultivo que desata os medos.

OTERO REGAL

Exit mobile version