Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega de árbores e prantas en Xove

Un ano máis a Concellería de Agricultura vai proceder á entrega de árbores a todos os veciños e veciñas que o solicitaron. Será, concretamente, este mércores 4 de febreiro cando se entreguen as árbores froiteiras, autóctonas e tamén prantas de xardín solicitadas nesta campaña 2014/15 de “excelente acollida”. A entrega realizarase en horario de 10.00 horas a 13.00 horas, nun local axeitado para tal fin, anexo ó Concello, enfronte á Residencia da Terceira Idade.

Exit mobile version