Durante estes dous meses os voluntarios do Concello, de idades comprendidas entre 17 e 20 anos, axudaron aos técnicos cos 25 participantes. Os cinco voluntarios que participaron, foron: Sonia Martínez Rodríguez, Javier Villares Acebedo, María Tamara Soto López, Brenda Suárez Azogue e Desirée Castro Piñeiroa.
O traballo destes voluntarios fixo posible que, durante os dous meses do verán, 25 nenas e nenos do Concello puideran asistir a diversas actividades enmarcadas dentro do Programa de Voluntariado do Concello de Xove “Xuventude Activa 2014”.