Site icon Crónica3.com A Mariña

Entroido da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña celebrara o Entroido este venres 13 de febreiro convertendo, así, un día cheo de supersticións nun día de festa. O lugar escollido para a celebración será a Unidade Residencial de Cervo. Alí, sobre as 12.00 horas terá lugar a festa de Entroido cun karaoke no que participarán usuarios e monitores. Posteriormente, sobre as 14.00 horas, terá lugar un xantar onde a estrela será unha sobremesa, típica destas festas (orellas). Con esta celebración particípase da cultura popular, créase espírito de grupo e foméntanse as relacións sociais. Todo iso redunda, sen dúbida, na motivación, autoestima e calidade de vida dos nosos usuarios.

Exit mobile version