Site icon Crónica3.com A Mariña

Estréase un videoclip 100% galego gravado na costa mariñá

“Pániko en las Calles” (Vigo), artista de hip hop, presenta o videoclip “Sueños” como un segundo adianto do seu novo álbum “Quimioterapia“.

O escenario de ensoño non é outro que a nosa propia terra Galega, onde se retratan lugares moi singulares tanto da costa, lucense e coruñesa (Viveiro, San Cibrao, Xove, ría do Barqueiro, Loiba) como do interior, nun bosque de Aldán (Pontevedra).

O vídeoclip foi realizado polo grupo audiovisual TentáculoFilms. O director é Andrés Montenegro e a directora de fotografía Belén Mendaña, ambos tamén montadores. The Returners produce a canción e colabora a cantante Mariah.

A peza foi estreada este domingo 1 de febreiro a través da Internet: https://www.youtube.com/watch?v=Ep36WNaFN8U.

Exit mobile version