Site icon Crónica3.com A Mariña

Fallado o XIV Certame de Poemas de Amor convocado pola Biblioteca Municipal de Foz

Foz, 27 de febreiro de 2015. O xurado fallou este xoves a XIV edición do certame de poemas de amor convocado polo biblioteca pública municipal de Foz e os premios serán entregados o sábado 7 de marzo durante o Festival dos Namorados que se celebrará no salón de actos da Casa da Cultura focense a partir das 20.00 horas.

O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou este venres que “a participación neste certame foi de 49 poemas, dos cales hai que salientar os recibidos dende fóra de Foz, como ven sendo habitual, coa participación de xente de Lugo, Carral, Montefurado, Ribadeo, Burela, Pontevedra,… na categoría de adultos. O participante de maior idade ten 74 anos. Dende a biblioteca pública agradecemos a todos a participación neste certame e sentímonos satisfeitos de que un concurso destas características encontre oco entre xentes de todas as idades. Tamén agradecemos a colaboración dos patrocinadores: Restaurante Casa Damián e Construcciones y Canalizaciones Saa”.

Os gañadores foron os/as seguintes:

Categoría infantil: deserto

Categoría Xuvenil
1º premio, 50€ e cea: “Pensamentos e ilusións”, de Macarena Ledo Vázquez (Burela)
2º premio, 30€ e cea: “A parodia do amor”, de María González Fernández (Foz)

Categoría de Adulto
1º Premio, 100€ e noite de hotel para dúas persoas: “Sen título”, de Manuel Eiras Rodríguez (Foz)
2º Premio, 60€ e cea: “Compañeira”, de Xosé Manuel Figueira (Brión – A Coruña)

Accesit especial
“Nestas praias de Foz agardo un novo amor”, de José Reinaldo Pol García (Montefurado – Lugo).

Exit mobile version