Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo abre o Entroido cos freixós

freixósComeza o Entroido en Ribadeo coa celebración da Festa dos Freixós na contorna do Teatro. Este sábado 7 de febreiro venderanse roscas, freixós, orellas e chocolate quente nesta zona de 12.00 a 20.00 horas e o domingo de 11.00 a 15.00 horas. Pola súa banda, o sábado 14 de febreiro o Teatro acollerá a partir das 21.00 horas a Gala de Entroido e o domingo, Día do Cocho, celebrarase pola tarde o baile d@s nen@s. O luns 16 celebrarase o concurso cos restaurantes colaboradores “O máis larpeiro!”. E, xa para rematar, despois da celebración do desfile de disfraces, o sábado 21 procederase á queima do Entroido.

Exit mobile version