O candidato de FPF; Luis Alfonso Sixto declaraba que “é indefendible a desidia e o silencio dos políticos da Mariña coa carretera da Costa, salvo algunhas excepcións”.
Da verdadeira pena acceder co coche a moitos dos seus tramos e os representantes públicos parecen que teñen medo a molestar aos seus superiores, máis mostras da política servilistas dos grandes partidos, a lóxica perversa do “silencio e prosperidade” destes cargos supramunicipais dos que en moitos casos non sabemos moi ben quen os elixe para representarnos.
Hai que recordar ademais, o engano masivo do corredor A-82 Barreiros-San Cibrao e toda a propaganda feita por cargos do PP de Lugo vanagloriándose da modernización viaria da Mariña. O BOE deixounos espidos.
Outro caso flagrante nas comunicacións viarias da Mariña é o siniestro tramo da A-8 por Mondoñedo, coñecida polos tristes episodios vividos pola poboación este verán debido a unha agresiva climatoloxía para o tráfico con neboa abundante, ventos e nevadas. Non trascende á cidadanía grandes novas sobre o seu arranxo máis que a reducción de velocidade no tramo.
Estamos convencidos que onde non hai vontade política, algo tradicional e que trascende ao pobo en moitas ocasións, a veciñanza ten que organizarse e esixir solucións.
Por eso estamos aquí, para que os veciños de Foz conten cunha ferramenta de transformación política comprometida que so manexe intereses puramente de ben común.