Site icon Crónica3.com A Mariña

Fraga das Saímas organiza un obradoiro de masaxe relaxante de espalda

O colectivo Fraga das Saímas, a través da súa Directiva, está a organizar diversas actividades para celebrar o Día Internacional da Muller. Unha delas é o Obradoiro de Masaxe Relaxante de Espalda que impartirá a Quiromasaxista e Terapeuta holística Isabel Giráldez a todas as nosas socias, veciñas e amigos o venres 6 de marzo entre as 17.00 e as 19.00 horas no Centro Socio-Cultural.

Cales son obxectivos deste obradoiro?
– Introducir ás personas interesadas, sen coñecementos previos, no mundo da masaxe.
– Proporcionar unha ferramenta de axuda a relaxación e ó benestar físico, mental e emocional mediante diferentes técnicas de masaxe.
– Coñecer e experimentar os rudimentos básicos da masaxe de relaxación
– Valorar o contacto corporal como medio para a relaxación.
– Aplicar a masaxe en situacións de estrés como medio.

De que contidos vai constar o obradoiro?
-Descripción da masaxe relaxante
-Indicacións
-Contraindicacións
-Ximnasia manual preparatoria
– Práctica de masaxe relaxante de espalda

As persoas interesadas en descubrir como relaxarse, logo dunha día ou situación estresante, poden acudir a este obradoiro sós ou en parella. O prezo da actividade é de 4 euros por socia ou 10 no caso de non ser socia do colectivo. O número de prazas é de 10. As interesadas deben inscribirse antes do domingo 1 de marzo a través do teléfono 669 250 948.

Exit mobile version