Site icon Crónica3.com A Mariña

Francisco Iriarte Quintana, novo presidente de ACISA Ribadeo

Ribadeo, 20 de febreiro de 2015. Francisco Iriarte Quintana é o novo presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo. Así o acordou en reunión extraordinaria, celebrada este xoves á noite, a xunta directiva. Francisco Iriarte substitúe no cargo a Roberto Ramos, que esta semana presentaba a súa dimisión irrevocable logo de decidir entrar na política municipal.

Tralos cambios efectuadas na xunta directiva: David Martínez é agora o vicepresidente de Acisa, Manuela Torviso continúa no cargo de tesoureira e Roberto Rivas segue no de secretario.

Francisco Iriarte xa foi presidente de Acisa entre 2010 e 2012. Tralas eleccións celebradas ese ano substituiríalle no cargo Roberto Rivas, que ocupou a presidencia de Acisa ata 2014, momento no que recolleu a testemuña o xa ex-presidente Roberto Ramos.

Exit mobile version