Site icon Crónica3.com A Mariña

Galería Terra Branca, gañador do concurso de escaparatismo de Acisa por San Valentín

Galería Terra Branca foi o establecemento gañador do concurso de escaparatismo que organizou Acisa Ribadeo en facebook para celebrar o día de San Valentín. O local de José Ramón Leal conseguiu 353 votos. En total foron 16 establecementos comerciais os que participaron no concurso de Acisa. Este sábado a mediodía entre os clientes que fixeron as súas compras de San Valentín en Terra Branca sorteouse unha cea para dúas persoas no restaurante A Solana. O afortunado foi Agustín Gutiérrez Sampedro, que gozará do seu premio, valorado en 100 euros, nas próximas horas.

Exit mobile version