No acto interveu o autor da obra, Manuel Lourenzo, coa conferencia “A historia, os mitos e o teatro”, un tratamento rigoroso, mais tamén ameno, do tema dos mitos en xeral, e do comportamento de Pardo de Cela e a súa filla Constanza, en particular. Tamén interviron Antonio Veiga, vicepresidente 1º da Deputación de Lugo, como entidade patrocinadora da publicación, e Xabier Pardiñas, presidente do Seminario de Estudos do Valadouro, colectivo que promove estas publicacións.
Tras o acto, Manuel Lourenzo dedicou os cadernos ós asistentes.