Site icon Crónica3.com A Mariña

Información para pais e nais sobre os perigos na Internet no IES San Rosendo

A ANPA AMOLOU (Abadín, Mondoñedo e Lourenzá) do IES San Rosendo de Mondoñedo organiza unha charla sobre os “Perigos na Internet, control parental e uso do DNIe”. A conferencia, aberta a tódolos pais, nais e titores, desenvolverase o luns 9 de febreiro a partir das 19.30 horas no IES San Rosendo.

Exit mobile version