Site icon Crónica3.com A Mariña

Iván Cao, Lucas, asume a dirección do Burela FS de Primeira RFEF trala saída de Quico Otero

O ata agora adestrador do Burela FS Pescados Rubén B, Iván Cao Valle, Lucas, asumirá a dirección do equipo feminino de Primeira División RFEF tras a saída de Quico Otero. O club laranxa e o viveirense, á fronte do proxecto dende 2013-14 e actual subcampión de liga, rescindiron de común acordo o contrato que vinculaba o técnico á entidade ata finais de 2014-15. Lucas será presentado oficialmente nos próximos días.

Na nova etapa do equipo feminino, o club mariñán aposta por un cambio de dinámica valéndose da profesionalidade da casa, cun adestrador novo e con amplia experiencia na estrutura formativa laranxa, un novo rumbo para recuperar a senda de resultados positivos e seguir na pelexa polos títulos en xogo.

Tras varias tempadas como auxiliar do equipo sénior masculino, Lucas asumiu en 2004 o cargo de segundo adestrador do cadro, en Prata, e en 2007 tamén pasou a formar parte do profesorado da ED Burela FS. En 2010-11, volveu ao banco de Segunda División masculina, compatibilizándoo co traballo de base. En 2012-13, responsabilizouse do conxunto filial, en Terceira División, proxecto que dirixirá o secretario técnico, Juanma Marrube, o resto de tempada, tras as novas obrigas de Lucas.

Exit mobile version