Site icon Crónica3.com A Mariña

iVi pide o arranxo de varias estradas e un compromiso para o Conservatorio de Viveiro

O voceiro do Grupo Municipal Independentes de Viveiro (iVi) presenta uns rogos para debater no vindeiro Pleno Municipal.

Por unha banda, pide o arranxo do estado no que se atopa a rúa A Parrela, chea de fochancas e pozas; e tamén a estrada que vai dende o cruce do paseo marítimo ata a Cruz Vermella “Avda. de Martín Ledesma) que presenta un estado lamentable en canto o firme e cos sumidoiros tupidos na súa maior parte. “Dado que e un estrada con bastante trafico diario por mor dos colexios ROGAMOS fagan as xestións posibles para arranxala”.

Por outra banda, noutra orde de asuntos, preocúpase por coñecer o resultado da entrevista solicitado en setembro co Conselleiro de Educación para abordar a situación do Conservatorio de Viveiro.

Finalmente, tamén pide que se cumpra co acordado en Pleno sobre a modificación da placa de inauguración da área etnográfica da Ínsua.

Exit mobile version