Site icon Crónica3.com A Mariña

Kessarys, Tissot e Viceroy apostan polo fútbol sala patrocinando a Antoñito

tissot-antoñitoKessarys Joyeros e o CD Burela FS Pescados Rubén renovan unha tempada máis o seu compromiso publicitario. A xoiería burelesa e a entidade laranxa manteñen unha estreita relación desde a fundación do club (2001) que co paso dos anos se foi reforzando e integrando nos diferentes soportes publicitarios.

Desde a xerencia de Kessarys Joyeros aplaudiron a continuidade do acordo: “Para nós é un orgullo poder contribuír ao proxecto do CD Burela FS Pescados Rubén ao que vimos crecer desde os seus comezos. A repercusión do club e a visibilidade que ofrece ás empresas é un escaparate idóneo para as marcas”.

Kessarys Joyeros, en colaboración coas prestixiosas marcas de Tissot Swiss Watches e Viceroy, definiu a súa presenza co patrocinio individual de Antoñito, xogador do equipo masculino de Primeira División, cos asentos reservados con entrada gratuíta personalizada, a publicidade estática e dinámica dos leds multimedia no pavillón Vista Alegre e coa súa clásica participación no Calendario Laranxa 2015. O CD Burela FS Pescados Rubén agradece especialmente a Kessarys Joyeros a súa confianza na entidade laranxa durante tantas tempadas.

Exit mobile version