Site icon Crónica3.com A Mariña

La Alianza, o apoio máis doce ó fútbol sala laranxa

laalianza-laranxaAta La Alianza, en Ribadeo, achegouse o CD Burela FS Pescados Rubén para agradecer o apoio máis doce ao fútbol sala laranxa en 2014-15, patrocinador da novísima promesa Paula Cortiñas, que aos seus 18 anos xa conta cunha dilatada experiencia na Primeira División co club laranxa.

O presidente burelista, Manuel Blanco, xunto ao directivo José Ángel Dovale Gradaílle e Paula, agasallou o compromiso do negocio mariñán de confeitería artesá, facéndolle entrega ao seu propietario, Guillermo Redondas Vallejo, dunha miscelánea fotográfica da xogadora lucindo a imaxe de La Alianza.

Cunha tradición pasteleira dende 1892, La Alianza ofrece en Mondoñedo (rúa do Progreso, número 22) e, dende xuño de 2014 tamén en Ribadeo (San Roque, número 29), deliciosas receitas que conxugan calidade e artesanía, incorporando tamén produtos novidosos.

A través da súa tenda virtual, en http://confiterialaalianza.com, poderá recibir no seu domicilio as deliciosas sobremesas de La Alianza.

Exit mobile version