Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 2.500 euros en premios no entroido mindoniense

A cidade do Masma convida a todos a participar da xenialidade e maxia do entroido que se levará a cabo o vindeiro sábado día 21 de febreiro, organizado polo Concello e no que colabora a Área de Cultura da Deputación Provincial. Máis de dous mil cincocentos euros repartiranse entre os disfraces gañadores distribuidos da seguinte maneira:

Premios
ADULTOS
COMPARSAS E CHARANGAS
1º 425 eur. 2º 280 eur. 3º 160 eur.

GRUPOS DE MÁIS DE 10
1º 380 eur. 2º 250 eur. 3º 130 eur.

GRUPOS DE 3 A 10
1º 200 eur. 2º 130 eur. 3º 100 eur.

PARELLAS
1º 100 eur. 2º 50 eur. 3º 30 eur.

INDIVIDUAIS
1º 75 eur. 2º 50 eur. 3º 25 eur.

CATEGORÍA INFANTIL
GRUPOS
1º 150 eur. 2º 75 eur. 3º 50 eur.

PARELLAS
1º 50 eur. 2º 30 eur. 3º 20 eur.

INDIVIDUAIS
1º 25 eur. 2º 15 eur. 3º 10 eur.

Os participantes deberán estar no Campo dos Paxariños ás 16.00 horas para incribirse, rematando a mesma ás 17.00 horas.

O desfile percorrerá as principais rúas da cidade rematando na Praza da Catedral.

A entrega de premios será na Praza do Concello a partir das 21.30 horas onde tamén terá lugar unha actuación musical.

Exit mobile version